15 centros educativos da provincia da Coruña imparten o STEMbach

Un total de 31 centros educativos de toda Galicia imparten o Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMBach) no curso 2019/2020

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar a resolución definitiva de centros admitidos para impartir o Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMBach) no curso 2019/2020. Serán un total de 31 centros educativos de toda Galicia, dos que 16 son de nova incorporación, os que conten con esta modalidade de Bacharelato, que se implantou por primeira vez en Galicia no curso 2018/19 como experiencia piloto. Na provincia da Coruña, un total de 15 centros ofertan estas ensinanzas, dos que 9 se incorporan ao programa este ano.

Os centros de nova incorporación ao STEMbach no curso 21019/20, tal e como publicou o Diario Oficial de Galicia onte, son os que seguen:

Provincia

Concello 

Nome do centro

A Coruña

A Coruña

IES Salvador de Madariaga 

A Coruña

Betanzos

CPR Plurilingüe Ntra. Sra. Del Carmen

A Coruña

Ferrol

CPR Tirso de Molina

A Coruña

Ferrol

IES Concepción Arenal

A Coruña

Santiago de Compostela

CPR Plurilingüe Compañía de María

A Coruña

Santiago de Compostela

IES Lamas de Abade

A Coruña

Culleredo

CPR Plurilingüe Rías Altas

A Coruña

Cambre

IES David Buján

A Coruña

Oleiros

IES Miraflores

Ourense

Ourense

IES As Lagoas

Pontevedra

Tui

IES San Paio

Pontevedra

Vigo

CPR Plurilingüe Miralba

Pontevedra

Pontevedra

IES A Xunqueira II

Pontevedra

Moaña

IES As Barxas

Pontevedra

Pontevedra

IES Gonzalo Torrente Ballester

Pontevedra

Bueu

IES Johan Carballeira

Centros docentes de

continuidade no STEMbach:

Provincia

Concello

Nome do centro

A Coruña

A Coruña

CPR Plurilingüe Compañía de María 

A Coruña

A Coruña

IES Agra do Orzán 

A Coruña

Ferrol

IES Sofía Casanova 

A Coruña

Santiago de Compostela

IES Plurilingüe Rosalía de Castro 

A Coruña

Santiago de Compostela

IES Arcebispo Xelmírez II 

A Coruña

Oleiros

IES María Casares 

Lugo

Lugo 

IES Lucus Augusti 

Lugo

Lugo

IES Nosa Sra. Dos Ollos Grandes 

Lugo

Monforte de Lemos

IES Francisco Daviña Rey 

Ourense

Ourense

IES Eduardo Blanco Amor 

Pontevedra

Cambados

IES Ramón Cabanillas 

Pontevedra

Lalín

IES Ramón Mª Aller Uloa 

Pontevedra

Moaña

IES Plurilingüe A Paralaia 

Pontevedra

Vigo

IES República Oriental de Uruguay 

Pontevedra

A Guarda

IES A Sangriña 

Características do STEMBach

O obxectivo deste bacharelato -enmarcado na Estratexia Galega para a Educación Dixital, Edudixital 2020- é promover a vocación do alumnado cara a investigación científica e tecnolóxica, mediante unha metodoloxía que lle facilite a incorporación e adaptación á ensinanza universitaria, e tendo en conta a perspectiva de xénero. Ademais, favorécese unha mentalidade científica, rigorosa, ordenada e crítica; así como o desenvolvemento da creatividade, do sentido da iniciativa ou do emprendemento e da resolución de problemas.

O alumnado que curse este bacharelato, -ben sexa na

modalidade de Humanidades, na de Ciencias ou na de Ciencias ou Artes-, no

segundo ano deberá desenvolver un proxecto de investigación individual ou

colectivo con posterior defensa pública. Este proxecto, similar ao traballo de

fin de grao, será co-dirixido por un docente dun departamento universitario ou

dun centro de investigación de prestixio do Sistema Universitario de Galicia

(SUG), e será titorizado polos profesores que impartan a materia de afondamento

STEM.

Así mesmo cursará unha materia extracurricular semanal, de

dúas ou tres horas, de afondamento relacionada co ámbito de materias STEM e

cunha orientación ao traballo na mellora das competencias comunicativas e

dixitais. Esta materia será a mesma nos dous cursos coa correspondente

secuenciación curricular.

O STEMBach complétase con actividades de formación -organizadas polo centro en colaboración con universidades, entidades ou organismos investigadores, ou con persoas investigadoras de recoñecida competencia- como conferencias, obradoiros ou proxectos.