Mañá, dia 21 de decembro, celébrase na Piscina Municipal de Arteixo unha Xornada Solidaria en favor do Banco de Alimentos Ría Altas de A Coruña e de Servicios Sociais do Concello de Arteixo. Este evento está organizado polos clubs arteixáns de Natación e Salvamento e pola empresa concesionaria da piscina, BeOne, coa colaboración do Concello de Arteixo.
A xornada consiste en aportar todos os largos/metros que se queira para conseguir entre tod@s catro horas de nado continuo nas 6 pistas da piscina. Será dende as 16:30 ás 20:30 horas.
Para participar na Xornada Solidaria só hai que achegarse pola piscina, coller un cartón de participante e facer uns largos. Os que naden recibirán un agasallo e participarán nun sorteo de roupa deportiva. A aportación solidaria será, o esforzó de nadar, un xoguete novo ou alimentos non perecederos."Espéramosvos na Piscina Municipal de Arteixo a partir das 16:15 horas, anímádevos para que o Deporte arteixán brille pola súa Solidariedade", dixeron os organizadores.