Arteixo participa nos obradoiros das Directrices da Paisaxe de Galicia

Obradoiro o luns 21 de marzo ás 18:30h no Centro Arteixo Innovación, Aula Informática nº2 (Avenida Arsenio Iglesias, Parcela 45, Polígono de Sabón...

Arteixo Paisaxe GaliciaO Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, co obxectivo de contar coa opinión da cidadanía, celebra 50 obradoiros participativos para definir as Directrices da Paisaxe de Galicia. Estes obradoiros son a segunda parte da elaboración da Estratexia da Paisaxe de Galicia. Na primeira parte tamén contouse coa participación cidadá e elaborouse o Catálogo de Paisaxes de Galicia.

Os obradoiros previstos e aos cales pode asistir calquera persoa interesada, ben a título particular ou en representación dalgunha entidade empresarial ou asociativa, son :

Comarca Paisaxística de Arco Bergantiñán, comprende os Concellos de Arteixo, Carballo (norte) e Malpica de Bergantiños.

Obradoiro o luns 21 de marzo ás 18:30h no Centro Arteixo Innovación, Aula Informática nº2 (Avenida Arsenio Iglesias, Parcela 45, Polígono de Sabón).

Comarca Paisaxística de Bergantiños, comprende os Concellos de Carballo, Coristanco e Cabana de Bergantiños.

Obradoiro o mércores 30 de marzo ás 18:30h no Pazo da Cultura, (Rúa do Pan, Carballo).

Comarca Paisaxística de Golfo Ártabro Litoral, comprende os Concellos de Ferrol, Narón, Neda, Fene, Mugardos, Ares, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Bergondo, Sada, Oleiros, A Coruña e Culleredo.

Obradoiro o sábado 2 de abril ás 11:00h no Centro Cívico de Eirís 1ª planta (R/ Terranova de Eirís 7).

Para participar  é preciso anotarse a través do enderezo electrónico [email protected], ou ben chamando aos números de teléfono 981.910.206 e 608.201.251.

Para máis información sobre este proceso pode consultarse a páxina web: www.somospaisaxe.org