O venres 7 de febrero (2020) celébrase a “I Xornada de Enfermería en Coidados do Paciente Oncolóxico” . A reunión terá lugar a partir das 09:00 horas no salón de actos do Hospital A Coruña
A xornada de coidados oncolóxicos está organizada polo Servizo de Oncoloxía da Área Sanitaria de A Coruña e Cee.
Nesta reunión participan profesionais dos servizos de pediatría e de adultos, das Áreas Sanitarias de: A Coruña e Cee, e de Lugo a Mariña e Monforte de Lemos.
O obxetivo é por enrriba da mesa o traballo diario de todos os que interveñen no coidado dos pacientes oncolóxicos. E tamén co obxetivo engadido de avanzar na innovación e mellorar a calidade asistencial.
Ademais a xornada conta con tres mesas redondas sobre coidados oncolóxicos:
- primeria, aborda a perspectiva do primeiro contacto do paciente cos coidados unha vez diagnosticado e inicia o seu tratamento
- segunda, titulada “Enfermería Oncolóxica do século XXI”, trata dos coidados do paciente oncolóxico hospitalizado e as dubidas que lle poden surxir, como a dor, a necesidade de aprender a coidar e a perspectiva de futuro da súa enfermidade
- terceira trata da esfera psicolóxica e social deste tipo de pacientes, as súas familias e os seus coidadores
Tamén para rematar esta xornada, o Dr. Luis Antón aparicio, xefe do Servizo de Oncoloxía do CHUAC, pronunciará unha conferencia que leva por título “O Transhumanismo na Medicina”.
Abordaxe multidisciplinar nos coidados oncolóxicos
Neste sentido, a abordaxe do cancro supón a intervención de diversos equipos multidisciplinares como médicos, enfermeiras e auxiliares, traballadores sociais, farmacéuticos e psicólogos...
Pero a proximidade ao paciente da enfermería, sexa de forma ambulatoria u hospitalizada, converten á estes profesionais nun eslabón clave na cadea do tratamento multidisciplinar de pacientes que requiren coidados oncolóxicos.