O prazo de presentación de orixinais do 32 certame remata o 31 de xaneiro de 2023
Para contribuír ao desenvolvemento da narrativa galega o Concello de Arteixo convoca en 2021 o 32º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía. Poderán concorrer todas as autoras e autores que o desexen cun único relato, de temática libre e escrita en lingua galega.
Os relatos, que deberán ser orixinais e inéditos en calquera soporte (papel, electrónico, etc.), deberán ofrecer unha extensión non inferior a 15 páxinas nin superior a 30. Tamén, deben estar escritos polas dúas caras con letra Arial, corpo 12, con dobre espazo interlineal e tamaño DIN A4 e presentarse por cuadriplicado e baixo plica.
O prazo de presentación de orixinais rematará o 31 de xaneiro de 2023. Non se admitirá máis de unha obra por autor/a. Deberá enviarse sen remite e facendo constar no sobre "32º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía" ao seguinte enderezo: Concello de Arteixo, Praza Alcalde R Dopico nº 1 15142 Arteixo-A Coruña. Lembramos os premiados da pasada edición nesta ligazón.
Establécense tres premios:
- primeiro de 4.000 euros
- segundo de 2.000 euros
- terceiro de 1.000 euros
Decisión o 5 de maio de 2023
A contía dos premios inclúe o pagamento dos dereitos de autor relativos á primeira edición das obras no ámbito dun volume colectivo que poderá publicarse nos 5 anos seguintes á concesión dos galardóns.
O xurado, constituído por membros de recoñecida solvencia, será designado polo Concello de Arteixo e fará pública a súa decisión inapelable o 5 de maio de 2023. Adoptará os acordos por maioría de votos e reservarase o dereito de declarar desertos todos ou algúns dos premios se as obras presentadas non reuniran os méritos suficientes. Os tres finalistas deberán estar presentes o día 5 de maio de 2.023 no acto de entrega para recibir os premios, salvo ausencia xustificada. Ler todas as bases no documento adxunto ou o B.O.P. de 25 de novembro 2022 en https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2022/11/25/2022_0000007327.pdf