A cultura galega chega a Netflix ademáis de reforzar a difusión del sector audiovisual e musical

Además, a Xunta e Fundación Paideia renovan súa aposta por unha maior profesionalización no ámbito da música emerxente galega
cultura galega no cinema, audiovisual e música
photo_camera Presentación programas de cultura galega a nivel internacional

A compañía estadounidense impulsa a presenza da lingua galega mediante subtitulado e dobraxe

A plataforma Netflix dá un paso máis para impulsar a presenza da lingua galega no seu servizo. O fará mediante o subtitulado de series e películas internacionais e a dobraxe de títulos infantís e familiares. Esta iniciativa é posible despois de varias conversas que o Goberno galego mantivo cos representantes da compañía estadounidense en España. O obxectivo común é levar a lingua galega ata o mundo da televisión á carta.

Así, durante os próximos meses Netflix incorporará arredor de 70 títulos nas tres linguas cooficiais do Estado. Unha cifra que seguirá aumentando no futuro, segundo aseguran desde a compañía. Esta selección representa 600 horas de películas e series internacionais subtituladas e unhas 60 horas de contido para o público infantil e familiar dobradas en galego, catalán e eúscaro.

A selección completa deste ano estará lista para finais do 2022. Ademais, unha vez colgados na plataforma, os subtítulos e dobraxes en galego serán permanentes mentres a película ou serie se manteña no catálogo ofertado. Deste xeito, os subscritores mantén en ata 190 países del mundo, poderán gozar de material en lingua galega. No mesmo destacan títulos como Emily en París, The Mother, Garra, Sandman ou a versión de Pinocho que Guillermo del Toro estreará na plataforma a finais de ano.

Catálogo "Films from Galicia"

Por outra parte, o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, presentaron en Santiago o novo catálogo Films from Galicia 2022. O mesmo está editado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade para contribuír á promoción internacional da produción galega para cinema e televisión. Os 58 títulos recollidos ofrecen a actualidade do noso sector audiovisual, deixando testemuño da variedade da oferta galega. Ademáis, contribúe a difundir a comunidade como escenario de rodaxe.

Tanto Films from Galicia como Shorts from Galicia son as marcas impulsadas pola Xunta para apoiar a difusión dos traballos das produtoras e creadores galegos en destacados mercados, foros e festivais internacionais. Ambas, renovan contidos anualmente, concretándose na edición de catálogo físico e dixital e na produción dos seus respectivos vídeos que transmiten a puxanza do sector en Galicia. O grupo Baiuca asina a música do novo vídeo de Films from Galicia, no que o tema Luar acompaña unha dinámica montaxe cos fotogramas das producións recollidas no catálogo.

A edición destes catálogos reforza a política de internacionalización do audiovisual galego. Este ano se está a retomar a presenza física nas principais feiras profesionais, a través da organización de misións comerciais. Este calendario de promoción arrancou o pasado mes de febreiro no Festival Internacional de Curtametraxes de Clermont-Ferrand (Francia). Pero continuará no MAFIZ, mercado que se desenvolve en paralelo ao Festival de Málaga ao que a Xunta acudirá por vez primeira con expositor propio para a difusión do cinema de produción galega.

Colaboración con Paideia

Otra das novidades culturais e a renovación da colaboración entre a Xunta e a Fundación Paideia Galiza. A sintonías dos últimos aposta por unha maior profesionalización no ámbito da música emerxente galega. Con tal fin, o director da Axencia das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e o vicepresidente da fundación, Guillermo Vergara, asinaron o convenio. O Goberno autonómico contribuirá economicamente á organización dun novo ciclo de xornadas para profesionais da industria musical, así como da edición de 2022 do concurso Sonidos Mans.

A volta in-perfecta. O retorno da música na nova era será o título das xornadas deste ano, que arrancarán proximamente en Pontevedra e se estenderán ata o mes de xuño a Ourense e Vigo. As xornadas están dirixidas tanto a artistas como ao resto de profesións vinculadas ao sector.

En canto ao concurso de bandas emerxentes Sonidos Mans, está previsto que a partir de abril comece a desenvolver as súas diferentes fases que culminarán coa elección dos grupos gañadores desta edición. Ademais de ofrecerlles aos galardoados a posibilidade de actuar en directo como parte dun circuíto de música e de gravar un traballo discográfico de xeito profesional.

Más en Arteixo