"A lúa vai encuberta" chega a Arteixo

A peza "A lua vai encuberta" é unha coprodución do grupo Incendiaria e A Quinta do Cuadrante recomendada para maiores de 16 anos
obra "A lúa vai encuberta" en el Concello de Arteixo
photo_camera Cartel promocional de "A lúa vai encuberta"

Un espectáculo de teatro contemporáneo chamado "A lúa vai encuberta" mañá ás 20:30 horas

Este venres 4 de febreiro ás 20:30 h no Auditorio de Arteixo, representarase a obra «A  lúa  vai  encuberta». O espectáculo é gañador do certame Manuel María de Proxectos Teatrais, dirixida por Tito Asorey. Tamén compartirá escenario Davide González, Melania Cruz e Vanesa Sotelo.

Trátase dunha coprodución do grupo Incendiaria e A Quinta do Cuadrante recomendada para maiores de 16 anos. A trama gira ao redor da realidade galega e da loita incesante por conformar unha identidade propia. Bota unha ollada ao trailer en: https://vimeo.com/615012780

As entradas poderánse adquirir de 11:30 a 13:30 horas ou 2 horas antes do comezo da función. Os organizadores lembran que sigue vixente a obriga de acreditar o certificado COVID para entrar na sala aos maiores de 12 anos. Cartelera cultural completa de febreiro e marzo 2022 en este enlace Arteixo estrea programación cultural de inverno - ✅ El Diario de Arteixo | Noticias y Entrevistas de actualidad