Curso monográfico sobre a técnica do xesto

Curso Monográfico SOBRE A TÉCNICA DO XESTO Impartido por CARLOS GARCIA, fundador de Teatro Punto e investigador de teatro, actor, director e pedagogo da técnica do xesto e do movemento. Estudou na prestixiosa École Jacques Lecoq de París e no LEM (Laboratory of Movement study) ademáis de ter formación con Mario Gonzáles, Donato Sartori...

251150_373434022737346_1532176790_aCurso Monográfico SOBRE A TÉCNICA DO XESTO Impartido por CARLOS GARCIA, fundador de Teatro Punto e investigador de teatro, actor, director e pedagogo da técnica do xesto e do movemento.

Estudou na prestixiosa École Jacques Lecoq de París e no LEM (Laboratory of Movement study) ademáis de ter formación con Mario Gonzáles, Donato Sartori, José Luís Gómez (La Abadía Madrid), Sudana Tapa, Gennadi Bogdanov, Pierre Byland, Eric de Bont, Antonio Fava, Kevin Crawford e Kaya Anderson (Roy Hart).

En 1998 fundou a compañía de teatro internacional Teatro Punto, especializada en Commedia dell´Arte contemporanea, traballo de máscara e comedia física. Con Teatro Punto realizou xiras internacionais, tanto de caracter performativo como pedagóxico (New York, Los Ángeles, Chicago, Madrid, París, Londres...).

É o fundador e director do laboratorio internacional de investigación do teatro 'Manifiesto Poético' adicado a investigar e crear novas linguaxes de expresión teatral. O pundo de partida do seu traballo é o corpo do actor e o seu impacto no espazo. O Manifesto ten sido convidado a Ankara, Escocia (RCS), París (École Lecoq), Ámsterdam, São Paulo, Dallas, Buenos Aires e Arnhem (Holanda).

Sendo tamén colaborador artístico do LEM na escola de Jacques Lecoq en París.

Alén do seu traballo como co-director creativo de Teatro Punto, Carlos tamén desenvolve a súa propia investigación pedagóxica sobre o teatro físico. A súa conferencia/espectáculo de máscara “Solo dell´Arte” ten actuado en España, Francia, Holanda, Romenia, Italia, Turquía, Reino Unido e EEUU.

ONDE:

Teatro-Escola do Paso de Valverde - Avenida dos Bosques 14 - Arteixo

CANDO:

13 e 14 de abril - Horario: de 10h a 14h e de 16h a 19h

Nº DE PRAZAS:

15

PREZO:

65 €

INSCRIPCIÓNS:

Mandando o CV xunto cos teus datos (nome e apelidos, enderezo, DNI, num de telefono...) ao correo [email protected] (indicando no asunto 'INSCRIPCION CURSO TECNICA DO XESTO')