Fin de semana deportiva en Arteixo: velada de boxeo e "herocain training"

O venres celébrase o "Heroican Training" e o sábado haberá unha velada de boxeo amateur.

"Heroican Training" é unha competición baseada nas pistas de obstáculos que empregan os marines americanos e que se desenvolve por grupos. A actividade chega a Arteixo da man da piscina municipal e o servizo de deportes que organizan, o venres 13 de abril, unha competición deste tipo nas inmediacións da piscina municipal, paseo fluvial e campo de fútbol.

Os participantes deberán superar unha serie de obstáculos e pasar por unha serie de estacións onde deberán realizar un traballo funcional aproveitando o entorno e utilizando material auxiliar. A inscripción para a actividade realizarase na recepción da piscina municipal, sendo gratuita para os socios, e cun custo de 5€ para os non socios.

Para completar a fin de semana, o sábado celébrase no Pazo dos deportes, unha velada de boxeo amateur. Dez boxeadores, homes e mulleres, serán os protagonistas dos diversos combates. A velada dará comezo as 19:30 horas. As entradas para o evento, organizado por Club Stadium Arteixo, estarán dispoñibles dende 8 euros.

Más en Deportes