sábado, junio 25, 2022
  • Sobre nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
  • Login
✅ El Diario de Arteixo | Noticias y Entrevistas de actualidad
  • En portada
  • Arteixo
    • Noticias de Arteixo
    • Noticias de Pastoriza
    • Noticias de Meicende
    • Noticias de Oseiro
    • Noticias de Morás
    • Noticias de Barrañán
    • Noticias de Suevos
    • Noticias de Sorrizo
    • Noticias de Lañas
    • Noticias de Larín
    • Noticias de Armentón
    • Noticias de Monteagudo
    • Noticias de Loureda
    • Noticias de Villarrodís
  • Entrevistas
  • EMPRESAS +
  • Sociedad
  • Política
  • Deportes
  • Más noticias
    • Concello de Arteixo
    • Concello de A Laracha
    • Xunta de Galicia
    • Galicia
    • Economía
    • Cultura
    • Salud
    • Ocio
  • Contacto
    • Contratar Publicidad Prensa
  • En portada
  • Arteixo
    • Noticias de Arteixo
    • Noticias de Pastoriza
    • Noticias de Meicende
    • Noticias de Oseiro
    • Noticias de Morás
    • Noticias de Barrañán
    • Noticias de Suevos
    • Noticias de Sorrizo
    • Noticias de Lañas
    • Noticias de Larín
    • Noticias de Armentón
    • Noticias de Monteagudo
    • Noticias de Loureda
    • Noticias de Villarrodís
  • Entrevistas
  • EMPRESAS +
  • Sociedad
  • Política
  • Deportes
  • Más noticias
    • Concello de Arteixo
    • Concello de A Laracha
    • Xunta de Galicia
    • Galicia
    • Economía
    • Cultura
    • Salud
    • Ocio
  • Contacto
    • Contratar Publicidad Prensa
Sin Prensa
Toda la prensa
E Diario de Arteixo
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Más noticias Economía

Boa vendima 2019 nas cinco denominacións de orixe galegas

noviembre 14, 2019
in Economía, Más noticias
0
Boa vendima 2019 nas cinco denominacións de orixe galegas
5
COMPARTIDA
32
VISTA
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

A vendima de 2019 nas cinco denominacións de orixe vitivinícolas de Galicia foi a terceira máis abondosa na última década, só superada polas de 2011 (que foi récord absoluto) e de 2018, que tan só foi un 0,17% superior á campaña deste ano. Ademais, a colleita deste ano sitúase un 6,5% por riba da media do decenio. Así se reflicte nun informe da Consellería do Medio Rural avaliado hoxe polo Consello da Xunta.

O documento sinala que, pechada a campaña, nas devanditas cinco DO’s galegas colleitáronse un total de 63.906.700 quilos de uva, dos cales algo máis de 51 millóns corresponderon a variedades brancas e os 12,8 millóns restantes a castes tintas. Por denominacións, a de Rías Baixas ocupou de novo o primeiro lugar en volume de produción, cuns 32,4 millóns de uva recollidos, que representan algo máis da metade do total. Seguiulle a do Ribeiro, con 11,8 millóns de quilos e a continuación as de Ribeira Sacra (7,2 millóns), Valdeorras (6,8 millóns) e Monterrei, con algo máis de 5,6 millóns de quilos.

O informe sinala tamén que este ano as tres denominacións de menor produción (Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei) aumentaron a cantidade vendimada, colocándose moi por riba da media do último decenio. Tamén se incrementou a produción no Ribeiro.

Ademais, destaca o feito de que as variedades recomendadas, potencialmente produtoras de viños de calidade, seguen a ter un peso fundamental no conxunto da vendima. Así, as uvas Albariña, Godello e Treixadura representaron, respectivamente, un 62,4%, un 13,6% e un 11,1% da uva branca total e a Mencía supuxo o 76,1 % da uva tinta total colleitada.

Viticultores e adegas

Outros datos recollidos polo informe de Medio Rural refírense, por exemplo, aos 9.844 titulares de viñedo e ás 426 adegas implicadas na campaña. Así mesmo, para os labores de control, os consellos reguladores mobilizaron 81 efectivos, entre o persoal fixo e os eventuais contratados especificamente para tal finalidade. A maiores, a Consellería do Medio Rural reforzou este seguimento de xeito totalmente coordinado cos consellos reguladores, co despregamento de 22 técnicos máis. Ademais, o estudo informa de que a vendima máis madrugadora rexistrouse en Rías Baixas e O Ribeiro, xa que en ambos casos comezou o 28 de agosto. A máis tardía foi a de Valdeorras, que rematou o 29 de outubro.

Por denominacións de orixe, no caso de Rías Baixas a cantidade de uva vendimada mantívose practicamente igual á media do decenio. No Ribeiro o incremento da colleita superou o 31% en relación coa pasada vendima. Ademais, as condicións climatolóxicas deste ano 2019 foron axeitadas para que o ciclo da vide se desenvolvese de maneira normal sen ningunha anomalía.

Na Ribeira Sacra a produción foi un 17,7% superior á do 2018 e situouse un 24,5% por riba da media do período 2010-2019. Polo tanto podemos dicir que, en canto a cantidade, estamos ante a mellor colleita da historia desta denominación. No caso de Valdeorras a vendima foi a segunda maior dos últimos dez anos, o que supuxo un incremento do 45,7% respecto da campaña precedente, superando nun 23,7% o valor medio do devandito decenio. Por último, na DO Monterrei rexistrouse unha cifra récord, que supuxo un incremento por riba do 57% en relación coa media do decenio.

Estratexia de dinamización

Para consolidar o éxito deste sector e o prestixio dos viños galegos, a Xunta ten en marcha unha Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia. Esta iniciativa ten na calidade un dos seus sinais de identidade fundamentais, así como na internacionalización, xa que o do viño, con máis dun 20% de exportacións sobre a produción total, é o eido agrario galego con máis proxección exterior.

Esta estratexia é unha actuación conxunta entre o sector e tres consellerías (Economía, Emprego e Industria, Cultura e Turismo e Medio Rural), xunto coa Fundación Juana de Vega, que conta cun orzamento de case 750.000 euros para reforzar a dimensión internacional, turística e territorial do viño galego.

Este apoio ao mundo do viño por parte da Xunta ponse de manifesto tamén a través de diferentes liñas de axudas específicas para o sector, entre elas unha destinada á mellora das instalacións de elaboración e comercialización e outra para financiar medidas de promoción en países terceiros, que suporán o vindeiro ano unha achega total de 4,2 millóns de euros por parte da Consellería do Medio Rural. Tamén en relación co viño, trabállase na actualización do Rexistro Vitícola de Galicia, para o que se destinan 916.000 euros no período 2019-2020. Sen dúbida unha boa vendima.

Noticias Relacionadas

Tags: galiciaXunta de Galicia
⬅ Noticia Anterior

Corte en Travesía de Meicende por obras eléctricas en el centro social

Siguiente Noticia ➡️

Conceden permisos para instalar dos nuevas gasolineras en Arteixo

Redacción El Diario de Arteixo

Redacción El Diario de Arteixo

Siguiente Noticia ➡️
Conceden permisos para instalar dos nuevas gasolineras en Arteixo

Conceden permisos para instalar dos nuevas gasolineras en Arteixo

Deja un comentario: Cancelar respuesta

El Diario de Arteixo

  • En portada
  • Entrevistas
  • EMPRESAS +
  • Salud
  • Deportes

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de Arteixo en Youtube
  • El Diario de A Laracha

Contacto

  • Contacto con redacción
  • Envío de videos y fotos
  • Contratar publicidad
  • Teléfonos de Interés do Concello
  • Arteixo Hoy
  • Noticias de Arteixo
  • Noticias de Armentón
  • Noticias de Barrañán
  • Noticias de Lañas
  • Noticias de Larín
  • Noticias de Loureda
  • Noticias de Meicende
  • Noticias de Monteagudo
  • Noticias de Morás
  • Noticias de Oseiro
  • Noticias de Pastoriza
  • Noticias de Sorrizo
  • Noticias de Suevos
  • Noticias de Villarrodís
  • En portada
  • Entrevistas
  • EMPRESAS +
  • Sociedad
  • Política
  • Deportes
  • Salud
  • Más noticias
  • Xunta de Galicia
  • Concello de Arteixo
  • Cultura
  • Economía
  • Ocio
  • Galicia
  • Video
  • Noticiero
  • Contacto

Edita En Página Impar | © El Diario de Arteixo | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad  | Política de Cookies   © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En portada
  • Arteixo
    • Noticias de Arteixo
    • Noticias de Pastoriza
    • Noticias de Meicende
    • Noticias de Oseiro
    • Noticias de Morás
    • Noticias de Barrañán
    • Noticias de Suevos
    • Noticias de Sorrizo
    • Noticias de Lañas
    • Noticias de Larín
    • Noticias de Armentón
    • Noticias de Monteagudo
    • Noticias de Loureda
    • Noticias de Villarrodís
  • Entrevistas
  • EMPRESAS +
  • Sociedad
  • Política
  • Deportes
  • Más noticias
    • Concello de Arteixo
    • Concello de A Laracha
    • Xunta de Galicia
    • Galicia
    • Economía
    • Cultura
    • Salud
    • Ocio
  • Contacto
    • Contratar Publicidad Prensa

Edita En Página Impar | © El Diario de Arteixo | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad  | Política de Cookies   © 2020 Created by Apeon

Welcome Back!

Login to your account below

Forgotten Password?

Create New Account!

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In

Utilizamos cookies para darte la mejor experiencia en nuestro periódico.

Puedes informarte más sobre las que utilizamos en El Diario de Arteixo o desactivarlas en los AJUSTES.

✅ El Diario de Arteixo | Noticias y Entrevistas de actualidad
Powered by  GDPR Cookie Compliance
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de periódico posible. La información se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del periódico encuentras más interesantes y útiles.

Cookies estrictamente necesarias

Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.

Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.

Política de cookies

Más información sobre nuestra política de cookies