A Concellaría de Cultura e Festas fai público o programa da Festa das Flores 2018 que se celebrará os días 25, 26 e 27 de maio
As actividades que engloban este evento son múltiples, o venres día 25 comezará por un disco móbil "Sonora Music", seguido dunha verbena coa "Orquestra Televisión". Isto alternarase durante toda a noite.
O sábado 26, estará conformado polo "6º Concurso de Maios Concello de Arteixo", seguido do "II Torneo Concello de Arteixo de Fútbol 8 Pre-Brenxamín". Tamén actuarán o "Combo da Emma", "Aula Folk da Emma" e "Ibiza Band" entre outros.
Por último o domingo 27 de maio, Terán lugar actividades como "Banda de Música Santiago de Arteixo" e a orquestra "Palladium" entre outros.