O BNG pide máis buses en Arteixo

Demanda melloras no Polígono de Sabón, que os buses de Arteixo cheguen ata a Praza de Pontevedra e, por riba de todo, “un transporte interparroquial ...

Onte, 13 de novembro de 2014, o BNG emitiu un comunicado no que reclama que se solucionen os problemas do transporte público en Arteixo.

Afirma no mesmo que xa se anunciaran, para levar o bus urbano a Meicende, “diferentes acordos que a día de hoxe aínda non están materializados”.

O BNG non se refire no seu comunicado só ao bus urbano de Meicende, senón que pide “que se mellore o servizo de transporte que temos actualmente: moitas parroquias non teñen nin un só servizo, outras só dous buses ao día”.

Demanda así mesmo melloras no Polígono de Sabón, que os buses de Arteixo cheguen ata a Praza de Pontevedra e, por riba de todo, “un transporte interparroquial que conecte as zonas máis rurais do Concello coa capital municipal e co consultorio Médico de Meicende“, pois “moitas persoas que viven no rural non teñen transporte público para facer calquera tipo de xestión” e “teñen unha dependencia absoluta do transporte privado”.

Bus urbano. Foto: La Voz de Galicia.