A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por 112.626 euros as obras da senda peonil e ciclista na estrada autonómica AC-552, entre Pastoriza e Vilarrodís, no concello de Arteixo.
As obras da senda peonil foron adxudicadas á empresa Arines Obras y Proyectos S.L., e suporá un investimento autonómico total de máis de 150.000 euros. Tendo en conta o pagamento dos predios necesarios para a execución desta intervención de mellora da seguridade viaria e de promoción da mobilidade sostible. Os traballos contan con prazo de execución de 3 meses.
Mediante esta obra, trátase de redefinir un treito de senda que posibilitará a circulación a pé ao longo dun treito desta vía autonómica, coa execución dun itinerario peonil continuo, o reforzo do firme da vía existente e outras actuacións de reforzo da seguridade viaria.
Máis en concreto, actuarase no treito da vía autonómica situado entre os puntos quilométricos 5+280 e 5+410, que coincide cunha intersección, reformulando a propia intersección para maior seguridade viaria e habilitando o espazo para o encaixe da senda.
Detalles da intervención
Esta intervención da Xunta forma parte dunha actuación máis ampla de mellora da mobilidade peonil entre Pastoriza e Vilarrodís.
En sentido Arteixo hai un camiño paralelo á estrada, que a día de hoxe xa poden percorrer os peóns; e en sentido Pastoriza dotarase dunha beiravía protexida con balizas, que será obxecto dunha actuación posterior de mellora.
Así, a intervención comezará na travesía da Maceira, desde o punto quilométrico 5+280 ata o 5+330. Onde se prevé executar unha senda de formigón de 2 metros de ancho, que irá separada do carril de vehículos mediante bordo.
Para contar co espazo necesario para a senda, a vía actual ampliarase cara ao noiro existente na marxe dereita da AC-552. Grazas a un novo muro de mampostería.
Ademais, os traballos céntranse despois no camiño existente no punto quilométrico 5+330 ata o 5+370, dando continuidade á sección anterior sobre un camiño actual de terra.
Despois actuarase no tramo da vía autonómica que vai do punto quilométrico 5+370 ata o 5+410, continuando co itinerario peonil previsto. Este treito disporá dun ancho mínimo de 2 metros, que se ampliará ata os 3,5 metros para enlazar co itinerario proxectado cara a Pastoriza.
Tamén se executará un carril de aceleración desde o punto quilométrico 5+370 para a correcta incorporación á AC-552. Separado da senda peonil mediante unha barreira de formigón.
A Xunta segue traballando na dotación de sendas nas estradas autonómicas para favorecer os desprazamentos dos cidadáns a pé ou en bicicleta dun xeito máis cómodo e seguro co fin de fomentar a mobilidade sustentable.