Oseiro e Arteixo a pleno da man do Bng

O Bng de Arteixo denuncia abandono da contorna da rúa Francisca Herrera Garrido de Oseiro e leva a pleno o reclamo da veciñanza
Parroquia de Oseiro, Arteixo, reclamo vecinal
photo_camera Zona dos reclamos en Oseiro (imaxe Bng Arteixo)

O grupo municipal nacionalista leva ao pleno de marzo reclamos dos vecinos de Oseiro e Arteixo

O Bng de Arteixo denuncia abandono da contorna da rúa Francisca Herrera Garrido de Oseiro. Aseguran que existe "mal estado e falta de coidado dunha das zonas máis habitadas do municipio é total". Así mesmo, resalta a falta de madeira nos bancos, papeleiras oxidadas e fontes deterioradas. "É evidente a falta de limpeza, o estado ruinoso dos asfaltados, desaugues cheos de area e tupidos así como tubos de augas e contadores á vista", engade.

Parque en Arteixo

Por outra banda o Bng preguntará tamén no pleno de marzo sobre o estado do parque das rúas Uruguay e República Dominicana. Tamén solicitará melloras na propia rúa Uruguay. "A veciñanza quéixase de que o Concello non chegou a rematar o parque. Ademáis os aparatos de ximnasia para maiores están fóra de servizo", aseguran.