O Bng reunirase coa veciñanza de Pastoriza e Oseiro

Lembramos que o Bng de Arteixo comezou o pasado mes de novembro a celebrar diversos encontros parroquiais coa veciñanza do concello
Bng programa encontros coa veciñanza das parroquias de Arteixo
photo_camera Imaxe do pasado encotro coa veciñanza de Rañal

Os nacionalistas xa tiveron encontros coa veciñanza de Rañobre, Rorís e O Rañal

Trátase de reunión abertas coa veciñanza de cada parroquia do concello de Arteixo para coñecer de primeira man as súas inquedanzas, compartir solicitudes de mellora e reflexionar sobre as súa necesidades. Lembramos que o Bng local comezou o pasado mes de novembro a celebrar diversos encontros parroquiais. Tralas visitas a Rañobre e Rorís a finais de 2021 e ao Rañal en xaneiro, os nacionalistas teñen o siguente calendario:

  • Mércores 2 de febreiro (20 horas), no Centro Multiusos da Pastoriza
  • Martes 8 de febreiro (20 horas), no Centro Social de Oseiro (rúa San Tirso)