Aprobada a moción de Bng Arteixo sobre a defensa da atención primaria

Na moción solicitábase o seu aumento ao 25%, así como instar á Consellaría de Sanidade a acabar coa precariedade laboral e contratar máis recursos
Moción dos nacionalista de Arteixo
photo_camera Moción e preguntas do Bng Arteixo do pasado pleno

O pleno tamén aprobou por unanimidade e declarou institucional a moción nacionalista sobre a situación actual do sector lácteo galego

O último pleno ordinario aprobou por unanimidade as dúas mocións presentadas polo Bng de Arteixo. En canto á defensa da Atención Primaria, o grupo nacionalista denuncia a profunda crise estrutural que sofre, agravada agora pola pandemia. Os orzamentos destinados a esta só supoñen un 12% do total. Na moción solicitábase o seu aumento ao 25%, así como instar á Consellaría de Sanidade a acabar coa precariedade laboral e contratar máis recursos.

Ademáis, declarouse institucional a sua moción sobre a situación crítica do sector lácteo galego. O Bng insta á Xunta de Galicia a promover un foro de encontro e negociación con todos os actores do sector. Tamén, demandar ao Estado que se dote aos sectores produtivos dunha ferramenta obxectiva que fixe uns custos de produción de referencia vinculantes e obrigatorios.