Os socialistas propoñen un IBI social en Arteixo

No próximo pleno, o Psoe Arteixo presentará unha moción para que as persoas con menos ingresos poidan ver reducido o impacto do IBI
pago de impuesto IBI en Arteixo a pleno ordinario
photo_camera A proposta sobre o IBI en Arteixo será levada ao pleno de xuño

O Psoe local leva ao proximo Pleno a implantación dun IBI social para os fogares con menos ingresos


"O Imposto de Bens Inmobles (IBI) Urbano supón a principal fonte de ingresos para o Concello de Arteixo, con 6.900.000 euros previstos no orzamento de 2021. Pero a lexislación non permite establecer beneficios fiscais en relación á renda dos contribuíntes. Aínda así, a administración municipal ten na súa man a posibilidade de crear unha liña de axudas para facilitar dito pagamento ás familias con dificultades económicas", afirma Simón López, voceiro de Psoe local.

A lexislación non permite establecer beneficios fiscais en relación á renda dos contribuíntes, pero "varios concellos estableceron xa liñas de axudas para o pagamento dos impostos municipais", engade. As crise derivada da pandemia está golpeando con especial dureza aos pequenos negocios e os fogares con menos ingresos. Nun contexto coma este, moitos pequenos propietarios van atravesar serias dificultades para afrontar o pagamento anual dos tributos municipais.

Por isto, os socialistas presentarán, no próximo pleno, unha moción para que as persoas con menos ingresos e sen máis propiedades que a súa vivenda poidan ver reducido o impacto deste imposto. "De acordo coa proposta, para acceder á bonificación, que tomaría como referencia o IPREM, deberían terse en conta as familias monoparentais, menores de 30 anos, persoas en situación de desemprego ou vítimas da violencia de xénero", finalizan.

Simón López, voceiro do Psoe Arteixo