Subvención para promoción da igualdade

Ata o 8 de xulio pódese solicitar subvención para actividades ou programas que promocionen a igualdade entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro
Concello de Arteixo subvención do CIM
photo_camera Subvención para programas de loita contra a violencia de xénero e igualdad

O Concello de Arteixo abre o prazo para a solicitude de subvención para actividades de igualdade e loita contra a violencia de xénero

Desde onte, 8 de xuño, e durante 1 mes, pódese solicitar subvención para actividades ou programas que promocionen a igualdade a desenvolverse entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro do ano en curso. O lugar de presentación é o Rexistro Municipal e o prazo para xustificar o 30 de novembro de 2021. Ver as BASES REGULADORAS BOP N_172 11-09-2019 e IMPRESOS SOLICITUDE

Entidades beneficiarias

  • Entidades constituídas legalmente dentro do ámbito do concello de Arteixo.
  • As persoas físicas que realicen actividades de interés municipal e cumplan os requisitos das bases.
  • Centros educativos ou consellos escolares dos centros educativos do municipio.

Programas que se subvencionan

A.- Programa Igualdade

B.- Programa de loita contra a Violencia de Xénero

Máis información: CIM ARTEIXO (Avda. Balneario,10 baixo - 981601415) ou no enderezo electrónico: [email protected]