Polos resultados obtidos en Carballo, o CNA ascende a Primeira co título de campión
O Club Natación Arteixo, ascende a Primeira co título de Campión nas súas mans. El sábado 7 de maio, o Club Natación Arteixo participou na Fase Final da Liga Absoluta de Clubs que se celebrou en Carballo. O CNA tivo ocasión de vivir un deses días que pasarán á súa historia de éxitos. Con dous grandes rivais que competiron con moi bo nivel, o AD Fogar e o CN Rías Baixas, os de Arteixo acadaron o primeiro posto de 2ª división.
Foi unha xornada competitiva moi emocionante, no que o nivel de marcas individuais e sobre todo das remudas, así como a unión do equipo, foron determinantes para o resultado final. A puntuación foi a seguinte:
- Club Natación Arteixo, 421
- AD Fogar, 386
- CN Vigo Rías Baixas, 245
- Nos postos de Permanencia, CN Mos manterá a súa estancia en Segunda División
Gustavo Álvarez, presidente da AD Fogar, equipo anfitrión, foi o encargado de entregar o Trofeo de Campión ós vinteseis deportistas que participaron na xornada, "pero este galardón pertence a todo o Club", afirma Lucía Leiro, directora deportiva del CNA. "Este éxito deportivo ten moita importancia, xa que é a a primeira ocasión que existe de celebrar esta Liga Absoluta despois da crisis que temos pasado. A forza da base do Club, a súa organización, a paciencia dos seus deportistas por saber esperar con ilusión o regreso...todas estas cousas son o motor do CNA, e este Título é o premio ben merecido", engade.