O máster Ramón Folch foi ouro ademáis de batir o Récord Galego e de España na proba celebrada en Mos
O pasado domingo celebrouse en Mos o Campionato Galego de Fondo Máster. Asistiron tres nadadores do Club Natación Arteixo, que acadaron moi bos resultados, destacando 2 medallas e un Récord Galego e de España.
Javier Mella nadou 800 libre, acadando o 4º posto da categoría +45. En 1500 obtivemos dúas medallas, unha chegou da man de Rubén Villamor, que foi bronce de categoría +20.
A outra medalla veu cargada de emoción, xa que Ramón Folch, foi ouro, ademáis de batir o Récord Galego e o Récord de España nesta proba na categoría de +85. Ramón ten na súa axenda participar no Campionato de España de Fondo. "Teremos que estar atentos a este nadador que seguro que ten preparadas máis alegrías competitivas", engaden desde o CNA.