O Club Natación Arteixo estivo presente en dúas citas importantes da natación nacional e internacional.
O Club Natación Arteixo estivo presente en dúas citas importantes da natación nacional e internacional, o Euromeet de Luxemburgo e o Campionato de España de Longa Distancia en Piscina.
No fin de sermana houbo moi bos resultados no club para Paula Otero no Euromeet de Luxemburgo no que participou dende o venres 27 de xaneiro ata o domingo 29 de xaneiro formando parte do Equipo Nacional Absoluto. Acadou medalla de ouro nas probas de 800 e 1500 libre e o 5º posto en 400 libre. O seu nivel de marcas foi moi bo nesta primeira experiencia da tempada en piscina de 50 metros.
Os participantes do club no Campionato de España de Longa Distancia en Piscina foron Alba Gómez e Mateo García, ambos nadaron a proba de 5000 metros con bo resultado de marcas. Mateo acadou o 10º posto da categoría Junior 2 e Alba acadou un destacado 4º posto da categoría senior.
Así, estes tres deportistas do Club Natación Arteixo recolleron boas marcas e sensacións, agora toca centrarse no ciclo de adestramento ata o Campionato de España Open, que se celebrará en Palma de Mallorca a finais de marzo e que será a súa cita máis importante.