Nadadoras e nadadores del Club Natación Arteixo destacaron en Ourense o pasado fin de semana
Celebrouse en Ourense o Campionato Galego de Natación Infantil e Junior de Inverno, xunto coa Copa Senior en piscina de 50 metros. Os 25 participantes do Club Natación Arteixo (CNA) voltan con oito medallas e un trofeo. Pero ademáis, moitas mellores marcas persoais acadadas, moi bo nivel competitivo e aínda mellor nivel de traballo de equipo.
Asistiron 11 nadadores y nadadoras de categoría Infantil, que acadaron o 8º posto feminino, 8º masculino, e 6º posto conxunto. Este grupo demostra que está empezando a consolidarse a nivel competitivo e que teñen un futuro moi prometedor. Nas remudas acadaron os seguintes postos:
- 4x100 libre, 7º masculino e 9º feminino
- 4x200 libre, 7º masculino e 8º feminino
- 4x100 estilos, remuda que pechou o campionato o domingo pola tarde, 6º masculino e 4º feminino
O equipo Junior estivo formado por 4 nadadores e 2 nadadoras. Obtiveron o 7º posto na clasificación masculina, 13º na feminina e 9º na conxunta. Só poidemos participar en 4x100 estilos masculina, remuda na que acadaron o 4º posto.
Máis logros deportivos
En canto os Senior, asistiron 7 deportistas do club arteixán, que nadaron en bo nivel, e axudaron moito a mellorar o ambiente de grupo e competitivo. A nadadora Alba Gómez, que ven de recuperarse dunha grave lesión deportiva e estreábase con este campionato, acadou o 3º posto feminino por puntos FINA, pola marca acadada na proba de 200 libre.
Os deportistas laureados en Ourense foron:
- Eva Sánchez Bello de categoría infantil, que acadou catro medallas, dous ouros en 200 costas e 200 libre, prata en 100 costas e bronce en 200 estilos
- Mateo García Castro, junior que acadou catro medallas, tres ouros en 400, 800 e 1500 libre, e un bronce en 200 libre
Este dous nadadores conseguiron novas mínimas para os Campionatos de España das súas categorías, Eva na proba de 200 estilos, e Mateo en 200 libre. Estas súmanse as que xa tiñan, Eva asistirá a Cádiz a nadar tres probas e Mateo a Málaga con catro probas.