O martes 7 de noviembro, a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, asistiu ao partido internacional amigable disputado no pavillón municipal de deportes de Verín entre as seleccións absolutas femininas de fútbol sala de España e Portugal.
A Real Federación Española de Fútbol elixiu Galicia para celebrar dous encontros amigables entre as dúas seleccións: Verín e Salvaterra do Miño.
Dicir que ambas as dúas son potencias do fútbol sala feminino europeo, un deporte que para a Xunta de Galicia "contribúe ao fomento da igualdade e de valores relacionados co esforzo e a cooperación entre as deportistas e que constitúe un referente para as novas xeracións de mulleres".