Nove medallas para o Club Natación Arteixo
O club participó Campionato Galego de Inverno Absoluto con 16 deportistas locais
Celebrouse en Lugo o Campionato Galego de Inverno Absoluto de Natación e o Club Natación Arteixo participou no evento. O CNA acadou o 7º posto masculino, 6º feminino e 8º na clasificación conxunta por equipos.
O evento foi un éxito de organización por parte do equipo anfitrión, o Club Natación Portamiñá, dándolle as finais da tarde, e especialmente das remudas, un ambiente competitivo excelente, que emocionou a público e deportistas.
Participaron en nome do Club Natación Arteixo: Eva, Ana, Alba, Nerea, Tamara, Peni, Lucía, Claudia, Alejandro, Manuel, Pablo, Mateo, Miguel, Marcos, Rubén e Javi. O fixeron en tódalas remudas do campionato, nas que destacamos a medalla de bronce do 4x200 libre feminino e a mellora dos postos masculinos respecto a outras edicións. Acadaron os seguintes postos:
- 5º masculino en 4x200 libre
- 7º posto masculino 6º feminino en 4x100 libre e 4x50 estilos
- 11º masculino e 4º feminino en 4x50 libre
- 8º na de 4x50 estilos mixta
- 4º posto tanto en masculino coma en feminino na remuda que clausura o campionato, a de 4x100 estilos
Os do CNA tiveron presencia en vinteunha finais, que se nadaban nas sesións da tarde e que lle daban un gran ambiente competitivo e de espectáculo ó campionato. Obtiveron medalla:
- Mateo García, con 3 ouros en 400, 800 e 1500 libre, e 1 bronce en 200 libre
- Alba Gómez, con 2 ouros en 50 e 100 bolboreta, e 2 pratas en 100 e 200 libre
- Miguel Ángel Gómez foi prata en 200 braza
Miguel e Alba acadaron mínimas para asistir ós Campionatos de España nas probas de 100 bolboreta e 50 braza, que se suman ás que xa tiñan dende a tempada pasada. Dito evento celebrarase en Sabadell do 16 o 18 de decembro e ó que acudirá tamén Mateo García.