O equipo de relevos da Selección Española Sub’19 de Augas Abertas acaba de proclamarse subcampión de Europa de 4x1250 en Corfú, onde se celebraba o Campionato de Europa.
Deste equipo formaban parte dous nadadores do Club Natación Arteixo, Paula Otero e Mateo García.
Foi unha proba moi reñida, con un final moi apretado, xa que a clasificación xogouse no sprint final e na chegada.
España, acabou prata a poucas décimas do ouro.
Mateo García tamén nadou a proba de 10K, na que acadou o 15° posto.