Programa municipal de sendeirismo 2023

O Concello de Arteixo presenta un programa de sendeirismo a través do Servizo de Deportes
Nesta edición do programa municipal de sendeirismo Arteixo 2023 ofértanse un total de 8 rutas, con un total de 50 prazas para cada una. O prazo de inscrición e matrícula é ata o martes anterior ao inicio de cada ruta debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes. No caso contrario, procederase á anulación da praza. Estes roteiros se completantan coa actividade que realiza a Concellería de Turismo de Arteixo baixo o nome "Coñece o teu concello" de forma gratuita.
Devandito impreso de inscrición poderase recoller nas oficinas de Deportes ou descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org e entregalo en Deportes en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Do mesmo xeito poderase enviar á dirección deportes@arteixo.org.
Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online).
Prezo e rutas do programa
- Maiores de idade: 15€ por etapa
- Menores de idade: 10€ por etapa
- O prezo inclúe transporte, picnic e seguros
RUTAS | DISTANCIA | DATA CELEBRACIÓN |
Ruta 1: Roteiro da Batalla de Brión PR6 (Ferrolterra – A Coruña). | 12 Km | 16 de abril |
Ruta 2: Senda das Almiñas e do Foxo do Lobo (Caritel – Pontecaldelas - Pontevedra). | 13 Km | 23 de abril |
Ruta 3: Ruta da Auga (Caldas de Reis - Pontevedra). | 13 Km | 30 de abril |
Ruta 4: Ruta da Serra da Groba e Muiños de Baredo (Rocamar – Baiona _ Pontevedra). | 14 Km | 14 de maio |
Ruta 5: Seimeira de Vilagocende(A Fonsagrada - Lugo). | 16 Km | 21 de maio |
Ruta 6: Fervenza do Raxedoiro PRG202(Val do Dubra – A Coruña). | 14 Km | 24 de setembro |
Ruta 7: Ruta dos Petroglifos de Teo (A Coruña). | 12 Km | 8 de outubro |
Ruta 8: Cascada da Bugalleira e Pozas de Lourenzá (Bonaval - Pontevedra). | 12 Km | 22 de outubro |
Normativa
- Con carácter xeral é imprescindible ser maior de idade ou no seu defecto, maior de 10 anos con autorización do pai, nai ou titoría legal e acompañados.
- Na programación deportiva municipal teñen preferencia as persoas que están empadroadas no Concello de Arteixo. Existe un número limitado de prazas para cada actividade, así como un número mínimo para que a actividade se leve a cabo.
- O Servizo Municipal de Deportes resérvase o dereito de efectuar as modificacións nas ubicacións, horarios, profesorado, etc., que considere necesarias.
- No caso de que detecte falsidade nos datos, o alumno causará baixa inmediata sen dereito á devolución do importe abonado.
- As persoas que asinan a folla de inscrición fan constar que non padecen ningunha enfermidade que o incapacite para a práctica deportiva, tendo feito o oportuno recoñecemento médico.