Programa municipal de sendeirismo 2023

Nesta edición do programa municipal de senderismo Arteixo 2023 ofértanse un total de 8 rutas, con un total de 50 prazas para cada una
programa senderismo 2023 organizado polo concello de arteixo
photo_camera A primeira data do programa é o 16 de abril

O Concello de Arteixo presenta un programa de sendeirismo a través do Servizo de Deportes

Nesta edición do programa municipal de sendeirismo Arteixo 2023 ofértanse un total de 8 rutas, con un total de 50 prazas para cada una. O prazo de inscrición e matrícula é ata o martes anterior ao inicio de cada ruta debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes. No caso contrario, procederase á anulación da praza. Estes roteiros se completantan coa actividade que realiza a Concellería de Turismo de Arteixo baixo o nome "Coñece o teu concello" de forma gratuita.

Devandito impreso de inscrición poderase recoller nas oficinas de Deportes ou descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org e entregalo en Deportes en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Do mesmo xeito poderase enviar á dirección [email protected].

Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online).

Prezo e rutas do programa

  • Maiores de idade: 15€ por etapa
  • Menores de idade: 10€ por etapa
  • O prezo inclúe transporte, picnic e seguros

RUTASDISTANCIADATA CELEBRACIÓN
Ruta 1: Roteiro da Batalla de Brión PR6  (Ferrolterra – A Coruña).12 Km16 de abril
Ruta 2: Senda das Almiñas e do Foxo do Lobo (Caritel – Pontecaldelas - Pontevedra).13 Km23 de abril
Ruta 3: Ruta da Auga (Caldas de Reis - Pontevedra).13 Km30 de abril
Ruta 4: Ruta da Serra da Groba e Muiños de Baredo (Rocamar – Baiona _ Pontevedra).14 Km14 de maio
Ruta 5: Seimeira de Vilagocende(A Fonsagrada - Lugo).16 Km21 de maio
Ruta 6: Fervenza do Raxedoiro PRG202(Val do Dubra – A Coruña).14 Km24 de setembro
Ruta 7: Ruta dos Petroglifos de Teo (A Coruña).12 Km8 de outubro
Ruta 8: Cascada da Bugalleira e Pozas de Lourenzá (Bonaval - Pontevedra).12 Km22 de outubro

Normativa

  • Con carácter xeral é imprescindible ser maior de idade ou no seu defecto, maior de 10 anos con autorización do pai, nai ou titoría legal e acompañados.
  • Na programación deportiva municipal teñen preferencia as persoas que están empadroadas no Concello de Arteixo. Existe un número limitado de prazas para cada actividade, así como un número mínimo para que a actividade se leve a cabo.
  • O Servizo Municipal de Deportes resérvase o dereito de efectuar as modificacións nas ubicacións, horarios, profesorado, etc., que considere necesarias.
  • No caso de que detecte falsidade nos datos, o alumno causará baixa inmediata sen dereito á devolución do importe abonado.
  • As persoas que asinan a folla de inscrición fan constar que non padecen ningunha enfermidade que o incapacite para a práctica deportiva, tendo feito o oportuno recoñecemento médico.

Más en Deportes