Nesta edición de sendeirismo ofértase o Camiño de Inverno que consta de 5 etapas diferentes e 50 prazas para cada unha delas
O Servizo Municipal de Deportes comunica que onte finalizou o prazo de preinscrición no Programa Municipal de Sendeirismo 2022 e todas as persoas solicitantes están admitidas. Con todo, os novos interesados nas rutas aínda dispoñen de prazo ata unha semana antes de cada etapa para a formalización da matrícula. Poden facelo a través do pago do prezo público, nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal. Débese entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes. As rutas constan de 5 etapas diferentes con 50 prazas para cada una.
- Maiores de idade: 15 euros por etapa
- Menores de idade: 10 euros por etapa
- O prezo inclúe transporte, picnic e seguros
ETAPAS CAMIÑO DO INVERNO DISTANCIA DATA CELEBRACIÓN Etapa 1: Monforte - Chantada 30 Km 24 de abril Etapa 2: Chantada - Rodeiro 27 Km 8 de maio Etapa 3: Rodeiro - A Laxe 29 Km 22 de maio Etapa 4 : A Laxe - Vedra 34 Km 29 de maio Etapa 5: Vedra - Santiago de Compostela 17 Km 5 de xuño
Normas de funcionamento
- Con carácter xeral é imprescindible ser maior de idade ou no seu defecto, maior de 10 anos con autorización do pai, nai ou titoría legal e acompañados.
- Na programación deportiva municipal teñen preferencia as persoas que están empadroadas no Concello de Arteixo, existindo un número limitado de prazas para cada actividade, así como un número mínimo de prazas a cubrir para que a actividade se leve a cabo.
- O Servizo Municipal de Deportes resérvase o dereito de efectuar as modificacións nas ubicacións, horarios, profesorado, etc., que considere necesarias.
- No caso de que o Servizo Municipal de Deportes detecte falsidade nos datos o alumno causará baixa inmediata, sen dereito á devolución do importe abonado.
- As persoas que asinan a folla de inscrición as rutas de sendeirismo fan constar que non padecen ningunha enfermidade que o incapacite para a práctica deportiva, tendo feito o oportuno recoñecemento médico.
- De conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/99, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os seus datos serán tratados de xeito confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros do Concello de Arteixo, para a xestión de servizos. En calquera momento poderá exercitar, en relación cos seus datos persoais, os dereitos de acceso, cancelación e rectificación e oposición comunicándoo por escrito no Rexistro Xeral do Concello.