Núñez Feijóo entregó Bandeiras Verdes a nove concellos polo seu compromiso coa natureza
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reeditou o compromiso co fermosismo galego na entrega das Bandeiras Verdes 2021. O fixo reflectindo nuns orzamentos para 2022 que incrementan un 53% a achega para a protección da paisaxe. Pasa dos 3,6 millóns de euros deste ano aos 5,6 millóns do vindeiro exercicio.
Durante o acto de entrega afirmou que a Administración autonómica seguirá comprometida cunha Galicia verde e azul a través da protección do medio ambiente, E, ademáis da loita fronte ao cambio climático, coa eficiencia enerxética e coa xestión de residuos.
Un compromiso que fan os concellos de Alfoz, Curtis, Moaña, Mondoñedo, Ordes, Outeiro de Rei, Parada de Sil, Porto do Son e Sober. En conxunto, presentaron preto de 150 accións que acadaron a puntuación esixida para recibir este distintivo. As accións constitúen un mérito aos efectos da obtención de subvencións en materia de patrimonio natural.
Calidade da paisaxe
Feijóo aproveitou para felicitar aos nove concellos galardoados polas “estratexias de paisaxe, plans de acción e documentos de políticas para a calidade da paisaxe”. O presidente tamén faló da loita contra os impactos paisaxísticos, que este ano chegaron a:
- preto de 450 particulares, para os que houbo que ampliar o orzamento ata chegar aos 1,2 millóns de euros polo gran número de peticións
- a 60 concellos, beneficiarios dunha novidosa orde de 800.000 euros para edificios municipais e elementos etnográficos
Ademáis, a Estratexia da Paisaxe Galega destinase un millón de euros en 2022 para continuar coa elaboración de guías de boas prácticas. Xa son 11 e se sumarán a de instalacións portuarias, a de cartelería ou a de parques empresariais. Faló tamén do proxecto A paisaxe galega desde a bicicleta, con centos de quilómetros para rutas sobre dúas rodas.