As obras da Avenida da Deputación en Sabón, farán necesario un corte o sábado e domingo
A execución das obras de ampliación que está a acometer a Xunta na avenida da Deputación de Sabón, en Arteixo, farán necesario un corte do tráfico. A actuación será na avenida da Ponte durante esta fin de semana.
O corte comezará o sábado ás 8 horas e prolongarase ata as 20 horas do domingo, cando quedará restablecido o tráfico. Deste xeito, estará restrinxido o tráfico da avenida da Ponte para acceder á avenida da Deputación. Por iso, se habilitará un desvío alternativo. Para facilitar a mobilidade, este corte estará sinalizado con antelación, na avenida de Fisterra, na avenida da Enerxía e na avenida Deputación.
A Xunta de Galicia recorda que o peche de circulación é necesario para avanzar nas obras de ampliación e humanización de dita avenida. Esta actuación, que desdobra os carrís para gañar fluidez no tráfico, conta cun investimento autonómico de máis de 6,3 M€. A consellería de Infraestructuras y Movilidad que dirige Ethel María Vázquez Mourelle, prevé o remate das obras para o próximo verán.
Proxecto de envergadura
Lembramos que fai 15 días os traballos obrigaron a restrixir o tráfico da avenida da Deputación, entre o enlace que dá acceso de entrada ao Polígono de Sabón-sur e a avenida Embalse. O proxecto total das obras inclúen:
- Primeiro treito, entre a glorieta de Sabón e a avenida do Embalse. Acometerase un carril adicional en sentido Coruña, con conexión directa ao ramal de acceso ao nivel inferior da rotonda, o que mellorará os tráficos e a fluidez dos vehículos pesados. Tamén se habilitarán beiravías, beirarrúas e unha zona con aparcadoiro en liña.
- Segundo tramo, entre as avenidas do Embalse e da Moda. Duplicaranse os carrís por cada sentido e dotarase a zona de aparcadoiro en liña e beirarrúa e beiravías. Ademais, executaranse muros de contención para salvar as afeccións coas parcelas existentes.
- Terceiro treito, entre as avenidas da Moda e da Enerxía. Duplicaranse os carrís con separación mediante mediana física, e habilitaranse en ambas marxes, beirarrúas con beiravías de 1 metro de ancho.