As Marismas de Baldaio, un lugar para visitar que incorpora zona selfie

O concello de Carballo ven de colocar un novo cartel informativo no miradoiro de Sambade.
Marismas-Diario de Arteixo
photo_camera Marismas-Diario de Arteixo

O concello de Carballo reforza o valor das marismas de Baldaio cun novo panel informativo no miradoiro de Sambade

Así, a concellaría de Medio Ambiente vén de colocar nova información sobre a importancia das marismas para a conservación dos nosos recursos naturais. Tamén unha serie de consellos para conservalas no mellor estado posible.

Toda a información está dispoñible en galego, castelán e inglés.

A mesa informativa de Sambade forma parte dun plan de sinalización e posta en valor dos recursos naturais que inclúe un total de 15 elementos físicos de distinto tipo, en función do seu emprazamento e das características do espazo.

O soporte situado xunto ao sendeiro peonil de Baldaio, entre a caseta de observación de aves e a ponte, estase a converter nun punto de referencia para as persoas que visitan a zona, e xa son moitas as fotografías realizadas aproveitando o marco do propio panel coa marisma de fondo.

Zona selfie

Para facilitar a súa utilización, quedou instalada unha “zona selfie”,  cun soporte de madeira preparado para poder colocar o teléfono móbil á altura e á distancia axeitadas para tomar a fotografía.

A intención do Concello de Carballo é seguir renovando, completando ou implantando elementos físicos que contribúan á divulgación dos principais valores medioambientais do litoral carballés para seguir promovendo un turismo cada vez máis sustentable.

Más en Galicia