A pandereteira arteixá, Fransy González, estrea proxecto propio.
A pandeireteira arteixá, Fransy González, cunha ampla carreira no mundo da música tradicional galega, vinculada á Xiradela e a traballos con outros artistas e xiras por distintos países como solista, estrea proxecto propio.
Cantareira, mestra de pandeireta e canto tradicional, Fransy González aposta por un proxecto propio, un proxecto "persoal, froito de décadas de experiencia como cantareira". Trátase, segundo a pandeireteira galega, dun proxecto "sinxelo, feito coa madurez que confiren os anos e a peito descuberto".
"Manhe" é o título deste novo traballo con voz propia, acompañada por Pedro Lamas na composición e dirección musical. O primeiro tema deste proxecto co que Fransy inicia un novo camiño na súa carreira musical chámase "Media leghua de camiño". "Nin no mundo nin na terra" é o título do segundo tema deste traballo, que xa se poden escoitar en todas as plataformas dende o 19 de febreiro.
