Homenaxe a José Luis Vázquez Martínez, nunha nova edición do certamen "Manuel Murguía"

33º Certame de Narracións Breves “Manuel Murguía” de Arteixo.

 

Manuel Murguía-Diario de Arteixo-José Luis Vázquez Martínez
photo_camera Manuel Murguía-Diario de Arteixo-José Luis Vázquez Martínez

A 33ª edición do certamen de narracións breves "Manuel Murguía" tivo un recordo especial a José Luis Vázquez Martínez.

A súa viuda e filla asistiron á inauguración da butaca de quen fixo posible, entre outros, a posta en marcha deste encontro a favor da lingua galega.

Por outro lado, o xurado, reunido o 13 de abril de 2024 ás 10 horas no Concello de Arteixo, decidiu por unanimidade premiar as seguintes obras finalistas::

  • As guerras pequenas, presentada baixo o lema “Chichabel” e con autoría de Clara Isabel Rodríguez Giráldez
  • As regras, presentada baixo o lema “Cardeñoso” e con autoría de Antía Yáñez Rodríguez
  • Eivas, presentada baixo o lema “Isaac Ferguson” e con autoría de Óscar Reboiras Loureiro

O xurado valoraou que nesta edición se teña contado cun grande número de relatos de calidade. Tamén quixo resaltar unha importante heteroxeneidade de estilos, a variedade dos temas a tratar e a orixinalidade no tratamento dos mesmos.

Manuel Murguía-Diario de Arteixo- gañadores 33 edición
Manuel Murguía-Diario de Arteixo- gañadores 33 edición