O 8M vístese de morado en Arteixo
Arteixo xa ten preparada a festa do 8M con temáticas de actualidade.
Desde a concellería de Servizos Sociais de Arteixo informan do cartal coa programación do 8M en Arteixo:·
6 e 7 de Marzo
Reparto do material "Os Bolechas visitan o CIM de Arteixo", entre o alumnado de 4º de Infantil dos Centros Educativos do concello.
·8 Marzo
Ás 19:00h no Centro Tecnolóxico de Arteixo, realizarase a VII xornada do Arteixo Activo... en Feminino.
Este acto consiste nunha mesa redonda na que o tema principal é á Sorodidade. Este termo se emprega para denominar á relación de solidariedade entre mulleres, especialmente no referido ao emporderamento.
Ademais a mesa conta coa participación de Mª Jesús Olivares Rodríguez: traballadora social feminista; Ana Ramos Ramos: representante da delegación de Galicia da asociación de mulleres do sector público; e con participantes do grupo de Crecemento: Entre Mulleres.
A continuación realizarase a entrega do recoñecemnto "Muller de Arteixo 2023" á asociación cultural Faíscas.
Para acudir a dito evento é preciso confirmar asistencia a través do CIM no 981601415 ou mediante o enderezo electrónico muller@arteixo.org.
Masculinidades
9 Marzo
De 19.30 a 21.00 no CIM terá lugar o taller de "Novas masculinidades emerxentes". Esta formación ten como obxectivo, o fomento de referentes masculinos diversos e o desenvolvemento de masculinidades alternativas ás que normalizan comportamentos sexistas adquiridos pola socialización diferencial.
Para asistir a este talle é preciso inscribirse previamente a través do CIM no 981601415, ou enviando unha mensaxe a muller@arteixo.org.
10 Marzo
Ás 12.00, na Sala de Exposicións do CCC de Arteixo, realizarase unha nova reunión da Mesa Municipal Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, na que se prevé a participación de Forzas e Corpos de Seguridade, persoal do SERGAS, Centros Educativos, Subdelegación do Gobernos, Departamento municipais de Servizos Sociais, Educación e CIM.
11 Marzo
Ás 17.00h no local Municipal de Educación levarase a cabo un taller de "SORORIDADE E DANZA TAHITIANA", dirixido a todas as mulleres que desexen participar, sen límites de idade, tal e como se imparten nas illas do Pacífico. Entendendo a danza é vida, é emoción e sororidade, a través do baile descubrímonos, mirándonos e amosándonos ante as demáis tal e como somos.
Aclarar que para asistir a este talle é preciso inscribirse previamente a través do CIM no 981601415, ou enviando unha mensaxe a muller@arteixo.org.
Desde o15 de marzo
15 ao 31 Marzo
"Cuestión de Xénero. Nin raza nin bandeira", é unha iniciativa da Asociación AXEL, que amosa os traballos realizados durante as accións formativas polas alumnas participantes no programa de inserción sociolaboral VVX "BRIGIT" da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. A exposición permite coñecer un pouco máis sobre os países de orixe das participantes no programa, a través de fotografías e cadeiras restauradas inspiradas nos símbolos, costumes e tradicións dos mesmos.
Por último, 28 Marzo e 12 Abril
"Espazo de encontros e debate feminista: Lecturas Lilas": Empregarase a lectura, como aprendizase colectiva, para a necesaria transformación social, de reflexión sobre as novas formas de familia, o feminismo, a importancia dos coidados ou, entre outras cousas, as mulleres que cambiaron o mundo. Crearase un espazo de encontro e debate feminista ao redor de diversos temas onde compartir o gusto pola lectura e aprender xuntas/os.