O 8M vístese de morado en Arteixo

Arteixo xa ten preparada a festa do 8M con temáticas de actualidade. Desde a concellería de Servizos Sociais informan nun cartel ....
8m programación arteixo

Arteixo xa ten preparada a festa do 8M con temáticas de actualidade.

Desde a concellería de Servizos Sociais de Arteixo informan do cartal coa programación do 8M en Arteixo:·        

 6 e 7 de Marzo

Reparto do material "Os Bolechas visitan o CIM de Arteixo", entre o alumnado de 4º de Infantil dos Centros Educativos do concello.

·8 Marzo

Ás 19:00h no Centro Tecnolóxico de Arteixo, realizarase a VII xornada do Arteixo Activo... en Feminino.

Este acto consiste nunha mesa redonda na que o tema principal é á Sorodidade. Este termo se emprega para denominar á relación de solidariedade entre mulleres, especialmente no referido ao emporderamento.

Ademais a mesa conta coa participación de Mª Jesús Olivares Rodríguez: traballadora social feminista; Ana Ramos Ramos: representante da delegación  de Galicia da asociación de mulleres do sector público; e con participantes do grupo de Crecemento: Entre Mulleres.

A continuación realizarase a entrega do recoñecemnto "Muller de Arteixo 2023" á asociación cultural Faíscas.

Para acudir a dito evento é preciso confirmar asistencia a través do CIM no 981601415 ou mediante o enderezo electrónico  [email protected].

Masculinidades

9 Marzo

De 19.30 a 21.00 no CIM terá lugar o taller de "Novas masculinidades emerxentes". Esta formación ten como obxectivo, o fomento de referentes masculinos diversos e o desenvolvemento de masculinidades alternativas ás que normalizan comportamentos sexistas adquiridos pola socialización diferencial.

Para asistir a este talle é preciso inscribirse previamente a través do CIM no 981601415, ou enviando unha mensaxe a [email protected].

10 Marzo

Ás 12.00, na Sala de Exposicións do CCC de Arteixo, realizarase unha nova reunión da Mesa Municipal Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, na que se prevé a participación de Forzas e Corpos de Seguridade, persoal do SERGAS, Centros Educativos, Subdelegación do Gobernos, Departamento municipais de Servizos Sociais, Educación e CIM.

11 Marzo

Ás 17.00h no local Municipal de Educación levarase a cabo un taller de "SORORIDADE E DANZA TAHITIANA", dirixido a todas as mulleres que desexen participar, sen límites de idade, tal e como se imparten nas illas do Pacífico. Entendendo  a danza é vida, é emoción e sororidade, a través do baile descubrímonos, mirándonos e amosándonos ante as demáis tal e como somos.

Aclarar que para asistir a este talle é preciso inscribirse previamente a través do CIM no 981601415, ou enviando unha mensaxe a [email protected].

Desde o15 de marzo

15 ao 31 Marzo

"Cuestión de Xénero. Nin raza nin bandeira", é unha iniciativa da Asociación AXEL, que amosa os traballos realizados durante as accións formativas polas alumnas participantes no programa de inserción sociolaboral VVX "BRIGIT" da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. A exposición permite coñecer un pouco máis sobre os países de orixe das participantes no programa, a través de fotografías e cadeiras restauradas inspiradas nos símbolos, costumes e tradicións dos mesmos.

Por último, 28 Marzo e 12 Abril

"Espazo de encontros e debate feminista: Lecturas Lilas": Empregarase a lectura, como aprendizase colectiva,  para a necesaria transformación social, de reflexión sobre as novas formas de familia, o feminismo, a importancia dos coidados ou, entre outras cousas, as mulleres que cambiaron o mundo. Crearase un espazo de encontro e debate feminista ao redor de diversos temas onde compartir o gusto pola lectura e aprender xuntas/os.