O vindero sábado 22 de abril AC Triskell convida a participar das actividades programadas no Centro Multiusos de Armentón
A Asociación Cultural Triskell naceu o 26 de xaneiro do 2016 en Armentón (Arteixo) e na actualidade ten máis de 100 socios. O día sábado 22 de abril ás 21:00 horas celebra o seu 7 aniversario e convida a participar da festa.
Lembramos que a entidade ensaia no Centro Multiusos de Armentón e oferta actividades relacionadas coa cultura tradicional galega. Pero ademáis, conta cunha escola, na que se imparten clases de gaita, percusión, pandeireta, acordeón, canto e baile tradicional galego. Un dos precursores desta escola é Bieito Romero, líder de Luar na Lubre. Actualmente contan cun equipo docente de luxo:
- Patxi Bermúdez, percusionista de Luar na Lubre, Bieito
- Romero Diéguez, antigo membro do disolto grupo Dequenvessendo e membro actual do Grupo folk Breo, profesor de gaita
- Víctor Iglesias, membro e primeiro director da Banda de música Santiago de Arteixo, profesor de acordeón e canto
- Ramón do Serrador, da Escola do Alprendre de Oza e tocador de Atrevidos de Bergantiños, profesor de pandeireta e baile tradicional
Dende o seu nacemento, a entidade tamén levou a cabo unha importante dinamización cultural celebrando todos os anos o Día das Letras Galegas e o Día de
San Xoán. Además, celebrou foliadas participativas en diferentes locais e actualmente fai cada segundo venres de mes, unha muiñada no café-restaurante O Muíño de Monteagudo.
Ao longo destes anos participaron importantes músicos: varios integrantes de Luar na Lubre (Bieito Romero, Patxi Bermúdez, Xulio Varela ou Nuria Naya, acompañada do seu alumnado de Entresóns. Tamén, Andrés Penabad, integrantes do grupo catalán O Val das Mouras, compañeiros doutras agrupacións como Xiradela ou AC Queiroga ou músicos de Camariñas, Murcia ou Chile.
Máis actividades
Nesta breve pero intensa traxectoria, Triskell tivo a honra de subir ao escenario con Luar na Lubre e realizar unhas pequenas colaboracións no disco “Canto das xacias” do grupo Dequenvessendo e nos proxectos teatrais de Melandrainas escola de teatro: “Rodríguez, o loro de Picadillo” e “Flores de ferro”. Ademais, durante estes anos tocou nas festas de Arteixo, Loureda, Morás, Larín, Monteagudo, Barrañán, Chamín, Rañobre, Oseiro, Pastoriza, Meicende, Rial (Val do Dubra). Tamén, no festival Lágrimas de San Lorenzo en Pumarín e no Magosto Celta de Balboa (O Bierzo), no festival de bandas de Vega de Espinareda (León), no festival folk de Sisalde, na Feira do Galo, no Magosto e na Feira Histórica de Arteixo.