Patricia Boedo comprométese a construír un novo Centro Social en Morás

A candidata Patricia Boedo, estivo en Morás explicando o programa de goberno socialista acompañada de Vanesa Cerdeiro, a número 9 da candidatura
Boedo do PSOE Arteixo en Morás
photo_camera La candidata socialista en Morás

A candidata socialista estivo onte en Morás e hoxe, venres 19, ten planificado un acto no Alto de Arteixo ás 20:30 horas

A candidata Patricia Boedo, estivo en Morás explicando o programa de goberno socialista  acompañada de Vanesa Cerdeiro, a número 9 da candidatura. Alí comprometeuse a construír  o centro social "que tanto demanda a veciñanza e dotalo de actividade. Porque os espacios sen dinamización non serven para nada”. Boedo tamén sinalou "a falta de aprobación do PXOM e de deslindes cos municipios limítrofes que a día de hoxe seguen sin estar feitos”. Engadiu que “os nosos veciños e veciñas precisan servizos de calidade en resposta ao pago dos seus impostos". Os socialistas de Arteixo teñen planificado para hoxe, venres 19 de maio, un acto de campaña no Alto de Arteixo ás 20:30 horas. Dexamos enlace ao programa electoral socialista en Arteixo e imaxe dos próximos mítins:

Más en Arteixo