Un total de 125 anpas, entre elas a Anpa do CEIP Ponte dos Brozos reciben as axudas da Xunta para a xestión dos comedores escolares.
Así, un total de 125 asociacións de pais e nais en Galicia (anpa) reciben da Xunta axudas para a restión dos comedores escolares. Todas elas beneficiaranse do incremento do 30% na achega por cada menú introducida pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades ante a inflación.
Deste xeito, en función do número de usuarios do comedor, a subvención por menús oscilará entre os 55 e os 65 céntimos ao día. Na convocatoria anterior a achega máxima do Goberno galego era de 50 céntimos por menú ao día.
Ademais o orzamento total da convocatoria ascende a 1,2M euros, co que se mantén a contía do anterior curso, no que a Xunta reforzou a convocatoria cunha partida específica para axudar ás anpas a sufragar gastos relacionados coa covid-19 e que agora poderán destinarse a outros fins.
Tamén aclarar que o importe das axudas irá destinado a sufragar os gastos de xestión do servizo de comedor escolar que abranguen o custo diario do menú de mediodía por comensal, a vixilancia e coidado do alumnado durante o uso do servizo, os gastos de mantemento, persoal e limpeza, así como os de enxoval, materiais e utensilios para a prestación do servizo.
Para terminar, estas axudas súmanse ao incremento do orzamento para os comedores que xestiona a Xunta de Galicia, un total de 417, que concentran a maior parte dos usuarios, máis de 62.000 prazas. Neles, o 80% dos usuarios ten o servizo gratis ou pagando só un euro, importes que non se incrementaron nos últimos anos. Deste xeito, o incremento dos prezos non repercute nas familias.