Protección do galego a nivel estatal

O Bng di que TVE, tamén financiada con diñeiro galego "só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias"
idioma galego para contenidos de TV
photo_camera O Bng reclama contidos en galego

Arteixo aproba por unanimidade no pleno municipal a moción do Bng pola defensa do galego nos medios audiovisuais

A corporación municipal de Arteixo aprobou por unanimidade no pleno ordinario de outubro a moción presentada polo Bng sobre a protección específica do galego no audiovisual a nivel estatal.

Plataformas como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas. Mesmo TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias. O Bng quere mudar esta situación na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

O pleno de Arteixo aprobou os seguintes acordos: Adherirse á “Iniciativa Xabarín” do Parlamento de Galiza; instar á CRTVG a que aumente a oferta en galego destinada á infancia e mocidade nas televisións públicas a través dunha canle “Xabarín” ; instar á Xunta a chegar a acordos con outras administracións e empresas para garantir a opción dobrada e lexendada ao galego en todas as plataformas dixitais; e reclamar do Goberno español que a Corporación de Radio Televisión Española emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego.

Anteproxecto de lei

Xa a nivel nacional, o Bng presentou unha moción sobre o antreproxecto de lei de mellora da xestión do ciclo da auga que está tramitando a Xunta. Nela, os nacionalistas pedían a paralización da tramitación do anteproxecto e a elaboración dunha planificación integral da xestión do ciclo da auga en Galiza. Tamén abrir un marco de negociación con todas as entidades implicadas na xestión so ciclo da auga para a elaboración desta planificación.

Esta petición de paralización anteproxecto, que supón un “novo atraco” para concellos e persoas usuarias foi rexeitada en pleno polo PP. Así, o obxectivo do anteproxecto afástase moito do seu título, xa que nada do seu contido supón ningunha intervención na mellora da xestión do ciclo da auga por parte da administración galega. Os obxectivos reais do mesmo poden resumirse en dous: por unha parte, incrementar de xeito importante a carga fiscal da Xunta en relación ao ciclo da auga aos Concellos, ás entidades de xestión da auga e ás usuarias domésticas, e, por outra, derivar nas entidades locais, Concellos e Deputacións as súas obrigas e competencias.

Más en Arteixo