O Concello da Coruña instala bandas na Avenida de Nostián tras a reunión de Patricia Boedo co concelleiro Francisco Díaz
O Concello da Coruña ven de instalar bandas redutoras de velicidade na Avenida de Nostián. Foi despois de ser coñecedor "dos problemas de mobilidade e seguridade do vial que afectan aos veciños de Meicende". A montaxe é resultado da xuntanza da candidata socialista de Arteixo, Patricia Boedo, co concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade da Coruña, Francisco Díaz.
A voceira do Psoe Arteixo suliña que a veciñanza da zona se puxo en contacto preocupados pola seguridade viaria daqueles que circulan por esa avenida. Tamén lembró "as insistentes preguntas do noso grupo nos plenos ordinarios. Porque a realidade é que algunhas vivendas situadas no mesmo edificio da Avenida de Nostián pagan impostos en Arteixo e outras na Coruña”.
Na mesma reunión, Patricia Boedo e os outros tres representantes da candidatura local, Fernando Martínez, Charo Figueiras e Ana Cedeira, aproveitaron para insistir na necesidade de retomar a negociación do deslinde entre ámbolos dous concellos.