Foi unha festa aberta a participación en Berlín. Un grupo de galegas organizou o pasado sábado 2 de novembro un Magosto como o primeiro encontro das que viven nesa cidade e, en extensión en Alemaña. Un Magosto en Berlín que reactiva o asociacionismo galego.
A cita que contou co concerto intimista de Benxamín Otero, artista folk de grupo Linho do Cuco e compositor da banda sonora da curtametraxe "Alzheimer", quen realizou así o seu primeiro concerto na capital alemá.
A festa celebrouse no teatro Vierte Welt, do distrito multicultural de Kreuzberg, ás 20 horas ata a madrugada, con obxectivo de ser un espazo alternativo de convivencia da emigración galega berlinesa e daquelas, e doutras localidades que se achegaron alí, como as integrantes do grupo de pandeiretas Son Berlín. Tamén estivo presente a crítica musical freelance da emisora de radio Deutschlandfunk, Katrin Wilke e experta en World Music. Para máis información sobre galegos en Berlín, contactar con [email protected]