A próxima semana os nacionalistas continúan cos encontros veciñais en Loureda e Meicende
O Bng de Arteixo marca as dúas seguintes citas coa veciñanza de Loureda e Meicende. As datas son:
- Luns 14 de marzo (20 horas) - Centro Social do Foxo (Loureda)
- Xoves 17 de marzo (20:00 horas) - Centro Social de Meicende
Lembramos que os nacionalistas locais comezaron a finais de 2021 a celebrar diversos encontros parroquiais por Arteixo. Trátase de reunións abertas coa veciñanza de cada lugar para coñecer de primeira man as súas inquedanzas. Tamén, para compartir solicitudes de mellora e reflexionar sobre as necesidades de todos.