Psoe Arteixo comienza hoxe o calendario de 20 mítines

O Psoe afirma que esta será “a campaña da xente” con 20 mítines. Hoxe, venres 12, a convocatoria é no local social de Suevos ás 20:30 horas
mítines Psoe Arteixo nas 13 parroquias
photo_camera Acto en Suevos, primerio dos mítines do Psoe Arteixo

Patricia Boedo di que "o obxectivo dos mítines é que non quede ningún veciño ou veciña de Arteixo sen coñecer o noso programa de goberno”

A candidata do Psoe Arteixo á alcaldía afirma que esta será “a campaña da xente” con 20 mítines nos 15 días de campaña. Tamén, casi outros tantos repartos polas distintas parroquias do concello para tratar directamente coa veciñanza. Hoxe, venres 12, a convocatoria é no local social de Suevos ás 20:30 horas.

“O obxectivo é que non quede ningún veciño ou veciña de Arteixo sen coñecer o noso programa de goberno”, afirma Boedo, porque queremos gobernar para todos e todas nun Arteixo “integrador e dialogante”. Para a candidata do PSOE de Arteixo “o programa non é un documento pechado senón a base na que construír o Arteixo do futuro, así que queremos que a veciñánza o coñeza para facelo seu e seguir aportando”. “As campañas non deben ser só para que falemos os candidatos, senón para escoitar ás demandas da xente. E nós farémolo”. Deixamos debaixo o calendario cos 15 días restantes:

Más en Arteixo