O grupo nacionalista de Arteixo solicita ao concello o arranxo "urxente" do camiño
O Bng de Arteixo xa ten denunciado noutras dúas ocasións o estado do camiño que vai desde o Polígono de Sabón até Figueiroa (por detrás das naves de Vázquez Rei). Esta semana, o grupo nacionalistas rexistrou unha solicitude para que, de xeito urxente, se acondicione o camiño. E tamén que se controle o paso constante de camións para que non volva acontecer e que se manteña nunhas condición mínimas e óptimas.
"O camiño, a pesar de levar moitos anos feito de terra, sempre foi transitable, tanto para as persoas que a diario pasan camiñando como para os coches que se dirixen ás praias, á fonte o a Figueiroa. Non obstante, desde xa hai tempo leva nun estado lamentábel sen que o Concello faga nada por poñerlle solución. Ademais, cada día está peor", explica Xurxo Couto, voceiro do grupo municipal.