Bng volve a esixir solucións para O Rañal

Espazo destinado en Morás aos camións que cheguen a zona de O Rañal, no polígono de Sabón
Demandan desde maio pasado unha solución aos problemas de estacionamento no polígono de Sabón que afectan á veciñanza do Rañal

Tras rexistrase a derriba dun muro en Rañal os nacionalistas piden solucións ao aparcamento de camións

O Bng de Arteixo demanda desde maio unha solución aos problemas de estacionamento no polígono de Sabón que afectan á veciñanza do Rañal. Reiteran que existen danos nas vivendas, inseguridade viaria e malas condicións de descanso dos traballadores.

"Esta semana -engaden- os veciños e veciñas atopáronse un muro dunha finca caído, con pegadas de vehículo de gran tonelaxe, polo que todo indica a que foi debido a unha manobra dun camión".

Os nacionalistas conseguiron que o pasado outubro o goberno local se comprometera a poñer unha solución habilitado un aparcamento alternativo en Morás. "Porén, catro meses despois segue sen estar operativo", afirma Xurxo Couto, voceiro municipal. Por iso, o Bng de Arteixo volverá a preguntar sobre o tema de O Rañal na xunta de portavoces e no pleno de febreiro.