O campamento urbano desenvólvese do 29 de agosto ao 9 de setembro, en dúas quendas, a primeira para nenas e nenos de 4 a 8 anos e a segunda de 9 a 14 anos.
A Cidade da Cultura pon en marcha "Olladas máxicas no Gaiás". Esta actividade está pensada para facilitar ás familias a conciliación nas semanas previas ao comezo do curso escolar.
Así, durante as mañás do 29 de agosto ao 9 de setembro, o Museo Centro Gaiás acollerá este campamento urbano. Está deseñado para que nenos, nenas e adolescentes poida explorar: a arte, a música, a maxia e o deporte. Tamén desde perspectivas que fomenten os valores de solidariedade e igualdade.
Programación familiar da Cidade da Cultura
También esta nova iniciativa forma parte do Plan Corresponsables. O Plan está posto en marcha pola Xunta a través dun convenio de colaboración entre as consellerías de Cultura, Educación, FP e Universidades e de Promoción do Emprego e Igualdade. O obxetivo é ofrecer alternativas de conciliación nas bibliotecas, arquivos e museos de xestión autonómica.
Principalmente "Olladas máxicas no Gaiás" inclúe un programa de actividades: xincanas, obradoiros de creación de xogos e contos, de experimentación con cores, formas e volumes, rutas mitolóxicas e un espectáculo de maxia que realizarán as propias nenas e nenos coas técnicas de ilusionismo que aprendan.
Ademais, ao tempo que aprenden a investigar obras de arte, cancións e películas poderán descubrir as mulleres que foron e son referentes no campo artístico, deportivo ou científico, entre outros.
Campamento urbano en dúas quendas
Así que o campamento organízase en dúas quendas:
- do 29 de agosto ao 2 de setembro, para pequenas e pequenos de 4 a 8 anos.
- do 5 ao 9 de setembro, poderá participar a rapazada de 9 a 14 anos
Aclarar que ss actividades desenvolveranse na Cidade da Cultura de 10 a 15 horas, de luns a venres, e haberá tamén un servizo madruga, baixo demanda, desde as oito da mañá.
Por outro lado, as prazas para Olladas máxicas no Gaiás pódense reservar a través de Ataquilla, a un prezo de 15 euros por persoa.