Campus multideporte de Nadal en Arteixo

A inscrición ao Campus de Nadal en Arteixo é directa desde o 30 de novembro ata o 18 de decembro e tén un prezo de 28 euros por participante
deportes Nadal 2020 en Arteixo
photo_camera Cartel promocional actividades Nadal en Arteixo

As datas de celebración da actividade que organiza o Servizo  Municipal de Deportes Concello de Arteixo son 23, 28, 29, 30 de decembro e 4, 5 e 7 de xaneiro

O Servizo Municipal de Deportes de Arteixo presenta o Campus Multideporte de Nadal 2020. A actividade desenvolverase durante as vacacións escolares de Nadal . Os participantes poderán desfrutar de actividades recreativas, deportivas, xogos, festa final e algunha sorpresa. Inclúe picnic e servizo de transporte.

  • Organiza: Servizo  Municipal de Deportes Concello de Arteixo
  • Datas de celebración: 23, 28, 29, 30 de decembro e 4, 5 e 7 de xaneiro
  • Horario: de 10.00h a 14.00h
  • Idades: Nados desde o ano 2016 e ata 2005
  • Número prazas ofertadas: 40
  • Prezo: 28 euros
  • Inscrición e información: de xeito presencial no Servizo Municipal de Deportes con cita previa. Teléfonos: 981 659171 e 981 659172, o a través do correo electrónico [email protected]

Procedemento de inscrición

A inscrición é directa desde o 30 de novembro ata o 18 de decembro. O impreso de inscrición poderase recoller nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes con cita previa ou descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org.

  • Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes con cita previa, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas).
  • Do mesmo xeito poderase enviar á dirección [email protected].
  • Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online

Normas de funcionamento

  • Teñen preferencia as persoas que están empadroadas no Concello de Arteixo. Existe un número limitado de prazas para cada actividade, así como un número mínimo de prazas a cubrir para que a actividade se leve a cabo.
  • No caso de que o Servizo Municipal de Deportes detecte falsidade nos datos o alumno causará baixa inmediata, sen dereito á devolución do importe abonado.
  • As persoas que asinan a folla de inscrición fan constar que non padecen ningunha enfermidade que o incapacite para a práctica deportiva, tendo feito o oportuno recoñecemento médico.
  • De conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/99, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os seus datos serán tratados de xeito confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros do Concello de Arteixo, para a xestión de servizos. En calquera momento poderá exercitar, en relación cos seus datos persoais, os dereitos de acceso, cancelación e rectificación e oposición comunicándoo por escrito no Rexistro Xeral do Concello.