Nas vindeiras semanas se presentarán outras iniciativas para premer tanto ao goberno da Xunta de Galicia coma o do Estado a atender as reclamacións vecinais de Meicende e Pastoriza
O Bng voltará solicitar a dotación de 6.600.000 euros para la construcción da circunvalación en Meicende. En 2015 consignáronse nos orzamentos do Estado pouco máis de 3 millóns de euros para a obra que finalizaría en 2016. A mesma, permitiría evitar o tráfico pesado e de mercadorías perigosas (gas, butano, propano...) pola zona.
Coa construción do vial que vai ao Porto Exterior abriuse a posibilidade de poder facer unha alternativa que beneficiase tamén á veciñanza de Pastoriza. Permitiría a conexión tanto en dirección A Coruña como Arteixo facendo unha conexión directa coa industria da contorna.
Desde o Bng de Arteixo indican ademáis que a reclamación non vai ser só presentar a emenda. Se acompañará doutras iniciativas nas vindeiras semanas para premer tanto ao goberno da Xunta de Galicia coma o do Estado a atender as reclamacións vecinais da parroquia de Pastoriza.