Bng de Arteixo pediu máis información sobre o ERTE da empresa que xestiona o Servizo de Axuda no Fogar. O fixo na nova reunión do Comité de seguimento da COVID-19 celebrado onte.
O ERTE foi presentado a semana pasada e rematará o 9 de maio, mais ten efectos retroactivos. "Desde o Bng cremos inadmisible que se poida facer un ERTE sen coñecemento nin autorización do Concello de Arteixo. Mçais tendo en conta que o servizo, de primeira necesidade, vén dun contrato para a prestación dunha competencia municipal e non se viu obrigado ao peche".
Ademáis, o Bng entende que os servizos públicos deben ser prestados directamente polo Concello, tanto pola calidade do servizo e control do mesmo como polas condicións laborais.
"Na xuntanza esiximos que se vixíe con detalle o comportamento da empresa nesta crise. Por exemplo, comprobando se hai traballadores incluídos no ERTE pero que estiveron traballando ou se os pagos efectuados á empresa non foron repercutidos nos traballadores". Tamén, "dada a gravidade do asunto", o Bng pide que se estude a posibilidade de adoptar algunha medida sancionadora.