A vinte edición da Feira Histórica 1900 está adicada a Manuel Murguía, o patriarca da cultura galega nacido en Arteixo. Da a casualidade que este ano se celebra o centenario do seu pasamento.
Deste xeito, a Feira Histórica fará un percorrido pola historia de Manuel Murguía e a súa contribución a cultura galega; e contará tamén cun amplio programa de espectáculos musicais e teatrais, exposicións e unha oferta de postos de artesanía e alimentación do país.
Os días 20, 21 e 22 de outubro
O escritor arteixán Henrique Rabuñal recorda que “tanto Murguía como Rosalía foron pezas decisivas no rexurdimento literario ao que ela entregou as obras Cantares gallegos e Follas novas. Murguía foi o líder do rexionalismo e deixounos obras de moito valor como historiador, xornalista, erudito e creador”.
Na Feira Histórica tamén haberá música, tanto de pasarrúas como con grupos de música tradicional, música pop e electrónica. A danza e o baile tamén terá o seu lugar con espectáculos de baile tradicional galego e danzas nacidas noutros lugares do mundo como Tahití. Tamén habrá espectáculos de títeres e teatrais.
Ademais contará cos tradicionais postos de artesanía, exposicións, a tradicional Cea 1900 e o servizo de aluguer de traxes. Este servico se fai en colaboración cos comercios locais e na Sala dos Espellos do Centro Cívico Cultural de Arteixo do 16 ao 21 de outubro en horario de 11:00-14:00 e de 17:00-20:00.
Aclara que a devolución da roupa será o luns 23 de 09:00-15:00 e de 16:00 a 20:00.
Respecto a cea 1900 que se celebra o sábado 21 de outubro (maiores de 12 anos) podense mercar do 16 ao 21 de outubro na Billeteira do Centro Cívico de Arteixo en horario de 11:00-14:00 e de 17:00- 20:00 (o propio sábado esténdese ata ás 21:00 h no Centro Cívico de Arteixo e de 21:30 a 22:30 no Pazo dos Deportes. Prezo 25 €).
Mercado da Colleita
O Mercado da Colleita volve á Feira 1900 de Arteixo coa intención de dar a coñecer iniciativas que están transformando o rural nun medio máis próspero e sostible. O espacio Obradoiro acollerá diversas actividades como catas, degustacións e conversacións nas que os productores presentarán os seus productos favorecendo así o contacto directo cos consumidores.
Nesta ocasión estarán presentes os postres artesanais de Versos, a avicultura artesanal de Galo Celta, Carabuñas “os do sabugueiro” e as elaboracións culinarias de A Castrexa.
Un ano máis Estrella Galicia colabora co cartel da Feira no que se recollen estilos para tódolos gustos, poñendo en valor o talento de DJs e bandas locais. A programación na que participou Estrella Galicia é a seguinte:
- Venres 20 Oct
- 22h Muskrat Ramblers
- 23:30h DJ Luiso
- Sábado 21 Oct
- 14h Trixieland
- 22:30h Black Sterero
- 00:30h Back to the disco
- 01:30 DJ Bassuz
- Domingo 22 oct
- 14h Covers & Cia
A estas bandas hai que sumar outras que trae o propio concello de Arteixo como Xurxo Fernandes (venres 21.00) ou Mondra (domingo, 21.00 h).